Comunica A Fonsagrada con Vilabol de Suarna, por ela accedese a Seimeira de Vilagocende ou a Praia fluvial de Naraxa.
A estrada LU-721, comenza en Fonsagrada bifurcada e xúntase
no kilómetro 1,300, seguidamente atoparemos varios accesos a localidade de
Rozabragada e ó chegar O Fito Km 4, podemos coller a dereita unha pista que nos
levará ata Vilapiñol. Nese mesmo pobo do Fito, pódese acceder tamen ata Aldomán
de Cuíñas se collemos unha estrada que sae a dereita (Km 4,6).
Seguiremos uns 2 Km. e a dereita poderemos baixar ata a
Seimeira de Vilagocende, un salto de auga de 45 metros. No Km. 6,6 comenzaremos
a cruzar Vilagocende e o final do pobo, no Km. 7, poderemos coller a dereita a
estrada que nos levará a Eirixín e Souto de Cereixido.
Continuamos outros 2 Km e atopamos a esquerda o cruce de
Vilarín de Baxo e pouco mais adiante o cruce de Naraxa polo que poderemos ir
tamén a Negueira de Muñiz e a S.- Antolín de Ibias (Asturias). Neste cruce de Naraxa Km 9,8, debemos ter coidado xa que a
estrada LU-721 segue pola dereita, se ben a estrada CP-1910 parece a principal.
Seguidamente teremos a dereita o acceso a retorta e no Km
11,1 chegaremos a Praia Fluvial "A Pena do Inferno". No Km. 12,200 atoparemos a Ponte de Vilabol, e pouco máis
adiante chegaremos a Vilabol de Suarna.
Puntos kilométricos de A Fonsagrada A Vilabol
|
|
