OS RÍOS DE A FONSAGRADA


O concello está bañado por 2 ríos principais e os seus afluentes. O Rio Rodil é afluente do Rio Eo, e o Rio Lamas aporta o seu caudal ó Rio Navia.

Outros ríos: Allonca, Frontal, A Loura, O Castro, Ferreira, Brañas, Irino, A Pobra,  Freixo, A Veiga, Lodoso, Dablaira, Carballal, Lameiroas.


CLIC PARA AMPLIAR

RIO EO

RIO NAVIA

  • Rodil
  • Veiga
    • Pontigón
    • Lamazáis
    • Muiños
  • Sto. Estevo
  • Pontiga
  • Prado
  • Covas
  • Penide
  • Organal
  • Esteleiro
  • Bambello
  • Lamas
    • Ranside
    • Porteliña
    • San Martiño
    • Ferreira
  • Suarna
  • Corneas
    • Carballal
    • Castosa 
    • Castelo
  • Navallo


    Información extraída do Informe naturalístico do Documento de aprobación inicial de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de A Fonsagrada (Lugo) Febreiro 2005 realizado por Carlos Vales (coordinador), Manuel A. Rodríguez Guitián (vexetación e áreas de interese natural) e Javier Ferreiro (áreas de interese natural).


    O concello da Fonsagrada atópase no medio de duas bacias hidrográficas de certa envergadura, tendo en conta o contexto galego, as bacias dos Rios Navia e  Eo.

RIO EO

O primeiro drena as augas do sector sul e oriental do termo municipal, mentras o Eo faino no sector norte e occidental. O rio Eo comenza o seu periplo no concello de Baleira ao pe da serra do Miradoiro que ten o seu cume no monte Pradairo (1.029 m.) de onde descen numerosos regos que confluen no lugar de Fonteo, onde se considera que nace o Eo.

    Ademáis de Baleira e A Fonsagrada, o Eo drena terras dos concellos galegos de Pol, Ribeira de Piquín, Meira, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Trabada e Ribadeo. A bacia do Eo ten unha extensión de casi 930 km2, dos cales aproximadamente 700 km2 transcurren por territorio galego, mentres o resto corresponde a territorio asturiano. Linda na sua parte oriental coa do rio Navia, mentras na occidental faino coas do Masma e o Miño.

    A lonxitude do rio Eo é de 79 km, salvando un desnivel de 680 m. Máis esta altitude non se salva de forma contínua, pois unha das características do Eo é o profundo encaixamento do seu curso superior, mentres que o tramo baixo, desde antes da Pontenova, ábrese nun val máis amplo ate cegar á desembocadura na ria de Ribadeo. O encaixamento do colector principal arrastra tamén aos seus afluentes, de maneira que unha característica da rede de drenaxe do Eo na Fonsagrada é o seu profundo encaixamento, con relativas excepcións, como a da Veiga de Logares, onde os materiais e a estructura xeolóxica facilitan o avance dos procesos erosivos, a apertura dos vales e a aparición de superficies aluviais.

    O máis importante dos afluentes do Eo, o Rodil, é o que drena as terras da Fonsagrada, baixando desde a Serra do Invernal, contando á sua vez con subafluentes tais como o Esteleiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares, San Estevo ou Bambello. Polo que fai ao réxime fluvial, as táboas adxuntas aportan información de duas estacións de aforo, a da Pontenova (representa o 62 % da extensión da bacía), e a da desembocadura do rio. Dacordo con istes datos, podemos obter unhas informacións interesantes. A primeira, que o réxime hidrológico está controlado polo pluviométrico, posto que o maior caudal do rio coincide coa época das maiores chuvas, pero cun período de retraso –lóxico- da aproximadamente dous meses. Así, se analizamos a información climatolóxica vemos que o mes máis chuvioso é o de Decembro e que a maior pluviometría se concentra nos meses de outono e inverno, mentres que o mes máis seco adoita ser Xullo. Pois ben, o máximo caudal prodúcese no mes de Febreiro, e o mínimo no de Setembro.

    A alimentación do caudal do rio depende das chuvas, e máis do 60 % da auga caida remata na bacia do rio, o que nos fala da pouca importancia dos procesos de evaporación e infiltración. A pesar da diferencia de precipitacións e de caudal entre os períodos invernal e de vran, non se pode falar dun déficit hídrico acusado. Todo isto nos fala dun tipo pluvial oceánico ou atlántico e dun réxime hídrico forte e regular.


 

RIO NAVIA

    O outro rio relevante para A Fonsagrada é o Navia, que ten o seu nacemento nas estribacións da serra do Rañadoiro, no monte Chao da Serra, a 1.180 m de altitude. Percorre as terras do Cebreiro, recollendo as augas de regachos que baixan de Pedrafita, drenando asimesmo a aba noroccidental da Serra dos Ancares. En definitiva, o rio Navia percorre unha parte sustancial da alta montaña lucense, incluindo os concellos de Pedrafita, As Nogais, Cervantes, Becerreá, Navia de Suarna, Baleira e Negueira de Muñiz, ademáis da Fonsagrada. A maior parte da bacia do rio percorre terras asturianas e un pequeno anaco se extende tamén polos Ancares leoneses. A extensión total da bacía é de 2.590 km2, dos cais corresponde a Galicia aproximadamente un 43 % do total (1.124 km2).

    O Navia ten unha lonxitude de 159 km, dos cais 90 km corresponden ao tramo galego. Presenta segmentos de gran inclinación, que chega ao 18 % na cabeceira, intercalados con outros con pendentes moito máis moderadas, do 1 % ou inferiores. Pero o que caracteriza ao rio Navia no seu percorrido por terras galegas é o seu encaixonamento, dando lugar á paisaxes de aspecto montañoso e pechado, que xeneran con frecuencia perspectivas espectaculares desde o ponto de vista paisaxístico.

    É o que acontece cando o rio cruza as terras da Fonsagrada, onde drena a parte suloriental do municipio, especialmente a través do subsistema constituido polo rio Suarna, que conta cunha mesta rede de subafluentes, entre os que destacan o Lamas, Ranside, Castosa, Córneas, e Castelo.

    O forte encaixamento do Navia facilitou a construcción de encoros no seu cauce,  o de Grandas de Salime, ten a sua cola nas terras fonsagradinas. Ocupa unha superficie de 1.668 ha, cunha capacidade de 266 hm3 e una presa de 116 m. de altura, abastecendo a unha central de 126.000 kw de potencia. Tanto esta presa como a de Doiras, xa en territorio asturiano e que represa 103 hm3, pertencen a Electra del Viesgo S.A. Ademáis destas duas presas, existe un vello proxecto de construir o chamado Gran Suarna que no proxecto inicial supoñia a desaparición da vila de Navia de Suarna debaixo das augas e que posteriormente foi reconvertido en dous proxectos diferentes que salvavan a vila. O proxecto foi paralizado recentemente polo Tribunal Supremo, pero o seu futuro continua a ser incerto. Estas obras hidráulicas tiñeron un gran impacto ambiental sobre o rio (Vales, 1992), destruindo hábitats de moitas especies, entre elas as zonas de freza do salmón, especie que con anterioridade á construcción das presas era posible observar na Fonsagrada.


Rio Rodil

Nace na Serra de Invernal (A Fonsagrada) e desemboca no Río Eo preto da Ribeira de Piquín e xuntase co Río da Veiga en Gallol. Segundo a Confederación Hidrográfica do Norte ten unha lonxitude de 28 Kms. Son os seus afluentes (Esteleiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares, San Estevo, e Bambello)
 


www.fonsaweb.com