Ruta da Chaila




 

Descargar tríptico

Dificultade: Media

Duración: 2 horas.

Lonxitude en coche: 8,9 Km.

Lonxitude a pe: 4 Km.

Itinerario: Ponte de Vilarín de Abaixo – Seimeira de Rozabragada e Muíño da Charla – Vilarín de Abaixo.

Percorrido: En coche ata a Ponte de Vilarín e logo a pe.

Pontes: A do comenzo e a do primeiro muiño sobre o Río Suarna o segundo sobre o Rego de Arine, a volta cruzaremos outro sobre o Río Suarna e a continuación o do Rego de Penamaría.

Especies vexetais: Castaño, Carballo, Xestas, Bidueiras, Piñeiros,

Especies animais: Algaria, Esquío, Xabaril, Raposo, Gaio, Lagarto verdinegro, Víbora de seoane, Salamandra

 

   Saimos dende A Fonsagrada en coche, pola LU-721 dirección Naraxa.

   Unha vez pasado Vilagocende baixaremos ata a Ponte de Vilarín que cruza o Río Suarna, onde tras cruzala, poderemos deixar o coche a esquerda da estrada e comenzar a Ruta.

   O camiño comenza cara o río, que encargarase de poñer son de fondo a todo o noso percorrido; no comenzo escoitaráse pola esquerda.

   Antes de cegar ao río, colleremos un pequeño sendeiro a dereita que rodea a un gran castiñeiro e daranos unha mellor visión do Río Suarna e o muiño e permitiranos cruzalo por unha pequena ponte de madeira.

   Comenzamos a subida en zigzag polo outro lado do río, hay que estar atento as indicacións que nos indican o camiño.

   O ascenso por momentos faise pendiente, pero pronto chegan os chaos que nos permiten tomar alento e sumergirnos no entorno co cantar do río agora pola dereita, os trinos de numerosos paxaros esquí e alí, diante da miña vista vexo agora castiñeiros xunto con carballos, as pinas comidas do camiño indican a actividade de esquios, picapinos e ratoncitos que as roen sen parar.

   Escóitanse sons polas ramas das árbores, e o volver a vista podo ver como un esquío estase a alonxar de rama en rama ata desaparecer. Algo soa tamén entre as zarzas e o pouco tempo logro ver asomarse a un lagarto verdinegro que me mira temeroso antes de volver a fuxir rápidamente.

   Xa cegamos ao alto, podemos relaxar as pernas mentras miramos a dereita para ver agora o pueblo de Vilarín de Abaxo, e tamén un corrizo a carón dunha veta rocosa.

   Hay un tramo de camiño de barro pero está seco, vense nel as rodeiras dún tractor e huellas de ganado, pero tamen pódense distinguir sinais doutros animales, como o escremento e a “bañeira” de xabaril da foto.

   O camiño continúa descendendo pouco a pouco e o cantar do río amplifícase agora por diante e pola dereita a cada paso que damos.

  Atopámonos cuhna sinal torta o carón dún gran castaño carozo, que nos indica que despois de visitar a seimeira e o muiño deberemos volver para continuar dende ali o retorno pola outra ladeira cara a Vilarín de Abaixo.

   Continuamos baixando ata cegar a ponte que cruza o Rego de Arine.

   Hay que cruzala ponte e comenzar a subir uns metros ata que comence o camiño de pedra que non se debe coller, senon que hay que coller polo sendeiro estreito e resbaladizo da dereita. Non está señalizado, pero chégase ben ata o Muiño da Chaila e a Seimeira de Rozabragada, ademais…

¡Non chegamos ata aquí para non velos!

 

   O tronco atravesado axudaranos a dala curva, mucho cuidadito de non caer, e moi pouquiño tramo.

   E por fin a cegada ao Muiño da Chaila, o mellor dito, as ruinas do Muiño, xa que incluso é arriscado entrar nel debido a que caese o lousado. Deberíase de restaurar.

O outro lado do muiño temos a espectacular Seimeira de Rozabragada.

É recomendable dcruzalo rio e subir un pouco polos sendeiroas do xabaril para poder disfrutar da vista en conxunto

 

   Bueno e despois de disfrutalo entorno, temos que voltar polo sendeiro que baixamos, ¡cuidadito cós resbalóns!, e volver a cruzala pontiña de madeira sobre o Rego de Arine e subir ata aquela sinal torta que vimos o baixar.

   Esta vez colleremos o sendeiro da esquerda, que descende rápidamente cara o río.

   E chegamos ao Río Suarna, que cruzamos por unha ponte de madeira e ferro e despois cruzaremos o Rego de Penamaría por outra de pedra e cemento.

   Comenzamos a subida, algo empinada por momentos, podemos sentir o son das lagartixas cando fuxen e algunos excrementos de Armiño ou Tourón

   E por fin podemos ver as primeiras casa de Vilarín de Abaixo e un oportuno lavadeiro cúnha fonte donde nos podemos refrescar, lavar e descansar da última pendente.

 Vista de San Martrín de Suarna desde Vilarín de Riba

A nosa espalda vemos o pobo de San Martín de Suarna coma se fora unha postal.

   Agora vemos un camiño que nos leva a esquerda da fonte, se collemos por ali, iremos ata a Cova das Cereixáis (¿Cova da raposa?), pero non é sinxelo cegar ata ali, eu puden velas porque un amable veciño de Vilarín de Abaixo ofrecérseme a mostrarma.

 

   Para o que quera ir vou explicar como:

 

   Coller o camiño da esquerda da fonte e seguila ata unha curva a dereita na que aparece outro camiño de frente, seguir polo do frente que nos levaría ata Penamaior.

 E difícil precisar o que hay que seguir polo camiño (Hasta que deixa de estar rozado), e hay que meterse a esquerda dentro do monte (Ver as fotos)
 

A Cova é estreita pero pásase ben, como non levábamos linterna non cuidemos explorala.

Volta outra vez cara a Fonte, entramos no pueblo de Vilarín de Abaixo.

 

   E comenzamos o retorno pola estrada, cara as outras casas do pueblo que ubícanse sobre unha gran roca e podemos ver unha construcción con teito de palla e uns antigos trobos.

 

   Cando cheguemos a Estrada LU-721 colleremos a dereita, dirección Fonsagrada, e seguindo polo LADO ESQUERDO da estrada, axiña chegaremos ao comenzo da ruta, e lugar donde deixamolo coche. 

 

 



www.fonsaweb.com