Ruta da Chaila

Descargar tríptico
Dificultade: Media
Duración: 2 horas.
Lonxitude en coche: 8,9 Km.
Lonxitude a pe: 4 Km.
Itinerario: Ponte de Vilarín de Abaixo – Seimeira de
Rozabragada e Muíño da Charla – Vilarín de Abaixo.
Percorrido: En coche ata a Ponte de Vilarín e logo a
pe.
Pontes: A do comenzo e a do primeiro muiño sobre o Río
Suarna o segundo sobre o Rego de Arine, a volta cruzaremos outro sobre o
Río Suarna e a continuación o do Rego de Penamaría.
Especies vexetais: Castaño, Carballo, Xestas,
Bidueiras, Piñeiros,
Especies animais: Algaria, Esquío, Xabaril, Raposo,
Gaio, Lagarto verdinegro, Víbora de seoane, Salamandra
|
 |
 |
Saimos dende A Fonsagrada en coche, pola LU-721
dirección Naraxa.
Unha vez pasado Vilagocende baixaremos ata a Ponte
de Vilarín que cruza o Río Suarna, onde tras cruzala, poderemos deixar o
coche a esquerda da estrada e comenzar a Ruta.
O camiño comenza cara o río, que encargarase de
poñer son de fondo a todo o noso percorrido; no comenzo escoitaráse pola
esquerda. |
 |
 |
Antes de cegar ao río, colleremos un pequeño
sendeiro a dereita que rodea a un gran castiñeiro e daranos unha mellor
visión do Río Suarna e o muiño e permitiranos cruzalo por unha pequena
ponte de madeira. |
 |
 |
Comenzamos a subida en zigzag polo outro lado do
río, hay que estar atento as indicacións que nos indican o camiño.
O ascenso por momentos faise pendiente, pero pronto
chegan os chaos que nos permiten tomar alento e sumergirnos no entorno co
cantar do río agora pola dereita, os trinos de numerosos paxaros esquí e
alí, diante da miña vista vexo agora castiñeiros xunto con carballos, as
pinas comidas do camiño indican a actividade de esquios, picapinos e
ratoncitos que as roen sen parar. |
 |
 |
Escóitanse sons polas ramas das árbores, e o volver
a vista podo ver como un esquío estase a alonxar de rama en rama ata
desaparecer. Algo soa tamén entre as zarzas e o pouco tempo logro ver
asomarse a un lagarto verdinegro que me mira temeroso antes de volver a
fuxir rápidamente. |
 |
 |
Xa cegamos ao alto, podemos
relaxar as pernas mentras miramos a dereita para ver agora o pueblo de
Vilarín de Abaxo, e tamén un corrizo a carón dunha veta rocosa. |
 |
 |
Hay un tramo de camiño de barro pero está seco,
vense nel as rodeiras dún tractor e huellas de ganado, pero tamen pódense
distinguir sinais doutros animales, como o escremento e a “bañeira” de
xabaril da foto. |
 |
 |
O camiño continúa descendendo pouco a pouco e o
cantar do río amplifícase agora por diante e pola dereita a cada paso que
damos. |
 |
 |
Atopámonos cuhna sinal torta o carón dún gran castaño
carozo, que nos indica que despois de visitar a seimeira e o muiño
deberemos volver para continuar dende ali o retorno pola outra ladeira
cara a Vilarín de Abaixo.
Continuamos baixando ata cegar a ponte que cruza o
Rego de Arine. |
 |
 |
Hay que cruzala ponte e comenzar a subir uns metros
ata que comence o camiño de pedra que non se debe coller, senon que hay
que coller polo sendeiro estreito e resbaladizo da dereita. Non está
señalizado, pero chégase ben ata o Muiño da Chaila e a Seimeira de
Rozabragada, ademais… |
 |
¡Non chegamos ata aquí para non velos!
 |
O tronco atravesado axudaranos a dala curva, mucho
cuidadito de non caer, e moi pouquiño tramo.
E por fin a cegada ao Muiño da Chaila, o mellor dito,
as ruinas do Muiño, xa que incluso é arriscado entrar nel debido a que
caese o lousado. Deberíase de restaurar. |
 |
O outro lado do muiño temos a espectacular Seimeira de Rozabragada.
É recomendable dcruzalo rio e subir un pouco polos sendeiroas do xabaril para
poder disfrutar da vista en conxunto
 |
Bueno e despois de disfrutalo entorno, temos que
voltar polo sendeiro que baixamos, ¡cuidadito cós resbalóns!, e volver a
cruzala pontiña de madeira sobre o Rego de Arine e subir ata aquela sinal
torta que vimos o baixar. |
 |
 |
Esta vez colleremos o sendeiro da esquerda, que descende
rápidamente cara o río. |
 |
 |
E chegamos ao Río Suarna, que cruzamos por unha
ponte de madeira e ferro e despois cruzaremos o Rego de Penamaría por
outra de pedra e cemento. |
 |
 |
Comenzamos a subida, algo empinada por momentos,
podemos sentir o son das lagartixas cando fuxen e algunos excrementos de
Armiño ou Tourón |
 |
 |
E por fin podemos ver as primeiras casa de Vilarín
de Abaixo e un oportuno lavadeiro cúnha fonte donde nos podemos refrescar,
lavar e descansar da última pendente. |
 |

A nosa espalda vemos o pobo de San Martín de
Suarna coma se fora unha postal.
Agora vemos un camiño que nos leva a esquerda da fonte, se collemos por ali,
iremos ata a Cova das Cereixáis (¿Cova da raposa?), pero non é sinxelo cegar ata
ali, eu puden velas porque un amable veciño de Vilarín de Abaixo ofrecérseme a
mostrarma.
Para o que quera ir vou explicar como:
 |
Coller o camiño da esquerda da fonte e seguila ata
unha curva a dereita na que aparece outro camiño de frente, seguir polo do
frente que nos levaría ata Penamaior. |
 |
 |
E difícil precisar o que hay que seguir polo camiño
(Hasta que deixa de estar rozado), e hay que meterse a esquerda dentro do
monte (Ver as fotos)
|
 |
A Cova é estreita pero pásase ben, como non levábamos linterna non cuidemos
explorala.
Volta outra vez cara a Fonte, entramos no pueblo de Vilarín de Abaixo.
E comenzamos o retorno pola estrada, cara as outras casas do pueblo que
ubícanse sobre unha gran roca e podemos ver unha construcción con teito de palla
e uns antigos trobos.
Cando cheguemos a Estrada LU-721 colleremos a dereita, dirección Fonsagrada,
e seguindo polo LADO ESQUERDO da estrada, axiña chegaremos ao comenzo da ruta, e
lugar donde deixamolo coche.
www.fonsaweb.com